Os VIII Premios EGANET xuntaron a moitos amigos do sector tecnolóxico galego

Onte entregáronse en Compostela os VIII Premios EGANET, convocatoria á que concorreron 74 empresas, entidades e profesionais cun total de 192 candidaturas, o que serviu de escaparate do sector...

Gañadores
Onte entregáronse en Compostela os VIII Premios EGANET, convocatoria á que concorreron 74 empresas, entidades e profesionais cun total de 192 candidaturas, o que serviu de escaparate do sector tecnolóxico galego, recoñecendo traballos como a campaña Mátalos de risa con Kill Paff, a aplicación BayDICOM Media de Bahía Software, o , o proxecto emprendedor Trileuco Solutions (responsable de LetsLearnTV), a empresa con sede viguesa Elogia e á iniciativa social da Fundación Foltra.
Asociados
Pero entre os recoñecementos da xornada gustei especialmente dos que foron a parar ás empresas socias de EGANET que levan cando menos unha década en activo (Abertal Networks, Ceo Aberto, Elogia, Igalia, Infonet, Infoweb Galicia, Iterdata Networks, MIP Configuraciones Informáticas e Teaxul). Iso fíxome lembrar aos primeiros tempos da Asociación, que tiven a fortuna de vivir de preto.
Autoridades
Tampouco faltaron as autoridades no evento, tanto da Xunta de Galicia como de distintas asociacións profesionais, o que demostra que o sector, pese ao que pode parecer nalgunhas ocasións, está cohesionado e cada vez máis interrelacionado.
Presentadores
Pero unha das mellores cousas da gala de entrega de premios foi poder compartir a experiencia con Susana Alvite (Hexis Comunicación), quen fixo un traballo excelente presentando a cerimonia. Tamén gustaríame agradecer á xunta directiva de EGANET por convidarme este ano a participar tanto da gala coma do xurado. Foi unha honra e un pracer, así como unha excelente oportunidade para atopar a moitos amigos xuntos, o que sempre está ben, e que promete repetirse o último venres de xaneiro co segundo aniversario da LaconNetwork. ¡Espérovos alí! 😉

ACTUALIZACIÓN (6-2-2012): O acto pode verse resumido en vídeo:

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS