R podería retrasarse en Melide

Hoxe vin unha nota de prensa de R sobre os seus investimentos na provincia de A Coruña na que pon, entre outras cousas, o seguinte: as obras de despregamento...

Hoxe vin unha nota de prensa de R sobre os seus investimentos na provincia de A Coruña na que pon, entre outras cousas, o seguinte:

as obras de despregamento da rede de R no conxunto da provincia coruñesa están rematadas nos concellos da Coruña, Santiago, Ferrol, Oleiros, Culleredo, Cambre, Arteixo, Ames, Betanzos, Narón, Carballo, Fene, Laracha, Miño, Ordes, Oroso e Sada, localidades que xa reciben os servizos integrados de teléfono, internet e televisión temática do operador galego. Neste primeiro grupo de cidades, R leva investidos preto de 245 millóns de euros aos que se lles sumarán proximamente outros 13,31 millóns de desembolso.

Prevese, ao tempo, que este mesmo ano tamén poidan conectarse á rede de R – ademais de Padrón- os municipios coruñeses de Arzúa, As Pontes, Boiro, Cedeira, Pontedeume e Ribeira, onde os traballos de canalización e cableado están arestora en marcha. Desta volta, o investimento total previsto a medio prazo nos devanditos concellos supera os 20 millóns e medio de euros.

Noutros municipios coruñeses o desenvolvemento das obras está pendente da concesión dos correspondentes permisos municipais e cando se teñan os permisos administrativos nesas localidades comezarán os traballos de obra civil. Desta volta a previsión anuncia que cun investimento a medio prazo de arredor de 23 millóns de euros, ao longo de 2008 uniranse á rede de R esoutras localidades, entre as que figuran A Pobra, Ares, Brión, Malpica, Melide, Mugardos, Neda, Negreira, Noia, Ponteceso, Pontecesures, Rianxo, Teo e Vimianzo.

Con tal información entendo que R dará servizo en Melide en 2009, polo que haberá que ser paciente. Lembremos que o servizo en Arzúa leva moito tempo anunciándose e aínda non chegou ó usuario final. Dende que botan o cable pola rúa ata que dan conexión no fogar pasan sempre bastantes meses. Agardemos pois que o operador galego de cable chegue a Melide antes de 2010.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS