O rumor que máis se escoita durante esta xornada é que Fidel Castro morreu e que as autoridades cubanas están a agardar ó mellor momento para facer o anuncio oficial. A min esa historia lémbrame remotamente á morto doutro dictador que coñeciamos ben por aquí 🙁
Unha das webs que fala con máis insistencia do tema é a de PerezHilton (si, esa que se dedica a pintarraxear coñas sobre fotografías de famosos), que leva hora asegurando a morte do dictador. Ás 4 da tarde en Miami (2 da mañá en España) na web din que a súa información é 100% real mentres o resto dos medios publican informacións nas que se asegura que Castro se está a recuperar dunha intervención cirúrxica, pero o certo é que as últimas imaxes do líder cubano en Granma son do mes de xuño. Durante o transcurso do día sairemos de dúbidas, pero quedan claras certas cousas:
- PerezHilton.com debe de estar a sacar unha chea de cartos por mor do rumor (en base a publicidade)
- Temos un exemplo de libro de teoría conspiratoria/bulo, xa que mentres non haxa unha proba de vida de Fidel Castro ninguén pode tapar a boca dos que din o contrario
- Seguimos sen saber qué será de Cuba trala morte de Fidel (¿democracia?)
Algún día teño que mirar eu de soltar algunha exclusiva destas por aquí (non fagades suxestións, que xa sei a nova que tedes todos na cabeza…), a ver se cola 😛
Debe estar conectado para enviar un comentario.