Morreu o Fary

Na radio acaban de dicir que morreu o Fary, o que non sei moi ben cómo tomar, porque non atopo confirmacións serias da nova (supoño que nos informativos do...

Na radio acaban de dicir que morreu o Fary, o que non sei moi ben cómo tomar, porque non atopo confirmacións serias da nova (supoño que nos informativos do serán engadirán detalles á necrolóxica) e iso lémbrame ó que lle pasou a Gayoso no Luar:
Sino a morte do Fary como a de calquera outra persoa (vaia, que non son seguidor da súa carreira musical), pero a repercusión inmediata do pasamento do cantante é que Faemino e Cansado non poderán volver a interpretar a súa coña máis brillante:
É no minuto 5:30 no que fan a referencia á morte do Fary, cunhas repercusións desternillantes. Supoño que agora cambiarán o protagonista da broma por Manolo Escobar, polo que o cantante almeriense debería comezar a ter coidado coa súa saúde 😛

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS