Fraga vs. Castro (Photoshop Strikes Back)

Todos coñecemos as capacidades de D. Manuel Fraga Iribarne para recuperar a xuventude ante as cámaras, como demostraba cada 4 anos ó chegar ás eleccións e aparecía remozado nos...

Fraga ante o cartel da campaña electoralTodos coñecemos as capacidades de D. Manuel Fraga Iribarne para recuperar a xuventude ante as cámaras, como demostraba cada 4 anos ó chegar ás eleccións e aparecía remozado nos carteis promocionais da súa candidatura á presidencia da Xunta de Galicia. Pero coido que todo o mundo era consciente de que o programa electoral de D. Manuel era o Photoshop 😉
Iso si, agora aparécelle competencia, e o Fidel Castro, cando vén de cumprir os 80 anos e de someterse a unha operación quirúrxica, sorprendeu a todo o mundo cunhas fotografías na cama, cun chándal Adidas que xa levara posto cando o ex-presidente dos EE.UU. Jimmy Carter visitara a illa de Cuba en 2002:
Fidel Castro con Jimmy Carter en 2002

Quitando a curiosidade do chándal agora o asunto está en dilucidar a quén se lle nota máis o retoque fotográfico, ¿a Fidel ou a D. Manuel? Se miramos polo miúdo vemos que as marcas de pigmentación que tiña Castro hai uns anos desapareceron no hospital, pero descoñezo a existencia de tratamentos contra o cancro que produzan tales efectos:
A pel de Fidel

Agora ben, aínda é máis misteriosa a cor da barba de Castro, pois cambia incluso dunha foto a outra no hospital, e non digamos nada se a comparamos a unha foto vella… ¡a diferencia é abismal! Alguén podería dicir que Castro está a empregar Just For Men pero é que dunha foto a outra incluso se ve que a barba non medra na mesma cantidade segundo as zonas da cara dunha foto a outra, o que resulta moi confuso:
A misteriosa barba de Fidel Castro

¿Cómo é posible que a Castro lle medre agora máis barba por debaixo dos beizos? ¿Cómo se lle oscureceu a cor do pelo? ¿Cómo lle desapareceron as pintas da pel? Coido que o mundo da cosmética aínda non está tan avanzado, así que aposto polo Photoshop. ¿Queredes a proba definitiva? Pois aquí vai:
Fidel co xornal Granma na man

¿Non o pillades? ¿Non vedes algo raro na imaxe? Ah, iso é porque non sabedes cómo son as portadas do xornal Granma:
Portada do xornal Granma

Curioso que cambie a cor da portada, ¿verdade?

¿Quén gaña entón? ¿Fraga ou Fidel? Coido que nesta ocasión quedan en táboas.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Os YouTurris

    Niko, o creador de Cálico Electrónico, anunciou hoxe a súa última movida, Los YouTurris, un esmendrelle político que por desgraza chega algo tarde, xa que estamos nos últimos días...
  • Un trailer chinés para incrementar o hype

    Por se non houbese expectación dabondo ao redor de El Poder de la Fuerza, chega un tráiler chinés con nova metraxe para por o hype polas nubes (ao carón da...
  • Melide celebra Manxares a vindeira fin de semana

    Esta semana escoitei na Radio Galega unha cuña na que citaban a Melide. Maaaandeeee?!?! Manxares?! Que é iso? Póñome a investigar… miro na web do Concello, e non din...
  • Darth Vader en Palomares!

    Levo tempo dicindo que confío en que este ano, cando chegue o 20D, algún friki dos que vaia disfrazado a ver El Despertar de la Fuerza ao cine pase antes polo...