Xa hai gañador de A Polo Ghit

Durante todo o verán entre Vieiros e a Radio Galega montaron un concurso para dar cun ghit, cunha canción do verán galega que nos fixera lembrar os tempos do...

Apolo GhitDurante todo o verán entre Vieiros e a Radio Galega montaron un concurso para dar cun ghit, cunha canción do verán galega que nos fixera lembrar os tempos do sol de carallo e da rapaciña bonita.
As imaxes que puidemos ver do xurado nos amosaban que entre os integrantes estaba Pía de Tolomei así como o propio Xil Ríos, polo que as figuras que o conformaban eran de peso 😉
Ah, e agardo que todo dios pille por qué hai a imaxe que hai acompañando esta nova, xa que ¡habemus ghit! ¡Xa hai gañador do certame! ¡Pulpiño Viascón gañou co seu alegre In The Ocean! Na web de A Polo Ghit describen así ó artista:

Pulpiño ViascónPulpiño Viascón é un vello coñecido da música galega dende grupos de hai xa uns anos como Demacrados, Zorza el Griego, Escupe Escapa ou os Irmáns Bochechinhas, aínda que as bandas máis coñecidas nas que participou son Os Verjalludos, Os Diplomáticos de Monte Alto e O Jarbanzo Negro. Traballou como músico clowm en circos como Kran, Roncalli (Suiza), Ateneu nou barris de barcelona. e colaborou en concertos con Pablo Novoa, Manu Chao, Susana Seivane, Mastretta, Siniestro Total, Os diplomaticos de Monte Alto e Tonino Carotone,josele santiago. Por se non lle chegara agora anda metido en sete proxectos musicais: Fiestas Populares, Galegoz, On the bass, Bicos de nai, La sonora callejera e A Cultura Circula. Na canción In the Ocean toca todos os instrumentos.

Veña, a cantar e bailar o ghit galego do verán:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS