Heroes na TVG

¡Menuda ráfaga! ¡Xa parece de Antena 3! Si, Heroes chega á TVG, aínda que polo momento só está na súa web, e non figura o día e a hora...

¡Menuda ráfaga! ¡Xa parece de Antena 3!

Si, Heroes chega á TVG, aínda que polo momento só está na súa web, e non figura o día e a hora das emisións dos episodios da serie do ano, pero eu estou ilusionado polo feito de que os da Galega se molestasen en facerlle un curruncho na súa web coa sinopse dos episodios e mesmo un futuro foro.
¿Reaccionarán os seguidores da serie? Porque estaría moi ben que circulasen pola Rede os episodios en galego e mesmo que os comics (que serven de apoio argumental) se traducisen ó galego.

NOTA: Acabo de ler que algunha das versións impresas dos comics de Heroes están a acadar prezos desorbitados en eBay. Neste momento se venden varios a 1.500 dólares australianos (927,47 euros), o que é unha burrada por un cómic, pois a eses prezos se poden conseguir normalmente páxinas orixinais de autores moi cotizados.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS