Xurxo sairá en Cifras e Letras (TVG)

Esta tarde o meu irmán foi gravar a súa participación no programa Cifras e Letras da TVG, no que é a súa experiencia nun concurso televisivo (antes xa pasara...

Xurxo en Cifras e Letras
Esta tarde o meu irmán foi gravar a súa participación no programa Cifras e Letras da TVG, no que é a súa experiencia nun concurso televisivo (antes xa pasara polo Todos a Bordo) e a xornada foi fenomenal, aínda que pouco máis podo dicir porque o concurso emitirase entre decembro e xaneiro.

Iso si, antes pasamos polo programa A Tarde da Radio Galega para que Xurxo contase a súa experiencia nos concursos, nunha intervención que foi bastante entretida:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

O que si podo dicir do programa é que Jorge Mira foi moi atento con todos os participantes, que Paco Lodeiro estaba tan animado como é habitual na súa persoa, e que foi toda unha sorpresa coñecer a María Canosa, quen non sabía que substituía a Yolanda Castaño na nova tempada do concurso.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS