4 Maio, 2007
O outro día comentábamos o proxecto de MapMyName, pero agora teño que incidir no feito de que xa ten unha réplica galega, Galicia Global, que co seu apartado de Galegos Globais quere censar ós internautas galegos para facilitar a súa comunicación.
A campaña, que marca o noso lugar no mundo, dura do 1 ó 17 de maio, sendo esta última data o Día das Letras Galegas e o Día da Internet (¡coincidencia!). Para a ocasión habería que artellar algunha cousa, pero supoño que como se trata dun día festivo todo quedará en montar algunha comellada entre amigos ou deitarse no sofá a ver a televisión 🙁