Festa blogomilleira: «Eu estiven alí»

Durante a noite entre o venres e o sábado celebrouse no 14! unha festa blogomilleira da que deron boa conta nos seus blogues tanto Ghanito coma Besbe, e eu...

Imaxe da festa, cortesía de Ghanito
Durante a noite entre o venres e o sábado celebrouse no 14! unha festa blogomilleira da que deron boa conta nos seus blogues tanto Ghanito coma Besbe, e eu pouco podo engadir agás que foi todo un pracer (ou pacer, xa que falamos do Blogomillo) tanto ver a outros blogueiros galegos coma coñecer en persoa a algunha persoa coa que só sabía pola Rede.
Asistín ó evento co meu curmán, o Breogán de Gáidil, e con Jan, e tan pronto chegamos xa topamos cos amables anfitrións, varios blogueiros e algún que outro xornalista dos que frecuentan Hai Debate na TVG (refírome a Xosé Manuel Pereiro). Aproveitei a ocasión para falar un pouco de medios con Zerovacas e Juan Castro (que levou ben a miña crítica sobre Galiciae), comentar frikadas tecnolóxicas con Amador e Goretoxo e, en definitiva, mirar á cara ás persoas que normalmente leo, pero nin vexo nin escoito.
Saúdos a todos e ata o vindeiro encontro blogueiro.

zp8497586rq

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS