Venres de Paixón

Nas pasadas semanas parecía que as televisións españolas estaban a apertar a Rede con agarimo, pero este tipo de relacións non se manteñen por sempre, e parece que o...

Nas pasadas semanas parecía que as televisións españolas estaban a apertar a Rede con agarimo, pero este tipo de relacións non se manteñen por sempre, e parece que o tan comentado matrimonio entre Antena 3 e YouTube vén de disolverse:
Antena 3 pecha a súa canle en YouTube

Pero a postura de Antena 3 non parece compartida por Cuatro, que pese a incorporarse máis tarde ó portal de vídeos de Google, aínda conserva a súa canle virtual:
Cuatro en YouTube

Engado que iso me parece moi positivo, pois grazas a esa canle eu podo comentar que esta noite van ter unha programación de Venres de Paixón da que gusto moitísimo, xa que en vez de pór películas históricas, emitirán un especial de cine asiático, que comezará coa magnífica Hero de Zhang Yimou (protagonizada por Jet Li e Zhang Ziyi entre outros) e continuará coa historia do samurai cego Zatoichi (interpretado por Takeshi Kitano):

¡Isto si que é un Venres de Paixón! Pero cambiando as cruces por katanas. ¡Kiaaaaa!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS