Eu non son aduaneiro

A polémica do peche de Aduaneiros Sem Fronteiras está a dar moito que falar, e eu defendo tanto a postura de Aduaneiros como a de Castaño, pero non me...

eu son aduaneiro sem fronteirasA polémica do peche de Aduaneiros Sem Fronteiras está a dar moito que falar, e eu defendo tanto a postura de Aduaneiros como a de Castaño, pero non me sumo á iniciativa de Andrés Milleiro para manifestarme sobre o tema por distintas razóns, entre as que destacaría que non procede en absoluto porque ninguén forzou ós Aduaneiros a pechar. Foi unha decisión voluntaria, polo que loitar contra a mesma tamén é enfrontarse ás persoas que libremente decidiron deixar o seu blog como moitos outros que foron desaparecendo nos últimos anos.
Aproveito a ocasión para destacar que o grafismo da campaña me parece moi pouco orixinal, pois coller unha imaxe da batalla de Iwo Jima para ilustrar a campaña de Todos Somos Aduaneiros, cando a fotografía se está a reproducir ata o aburrimento (especialmente polas últimas películas sobre o tema), non é algo que resulte atractivo nin recomendable. Chega con lembrar as moitas veces que se emulou en portadas de comics de superheroes:
Action Comics n 805JSA n 31Invasion
Deixando a un lado a frikada comiqueira, e manifestando o meu aprezo e respecto a Andrés Milleiro, non podo evitar dicir que considero un erro remexer a merda, pois iso non beneficia a ninguén. Gusto do feito de que o Blogomillo gañe presenza no mundo real, pero tamén creo que tanto Aduaneiros como Yolanda Castaño non están a gañar nada coa polémica (do que queda constancia no feito de que os Aduaneiros tivesen que lanzar un segundo cominicado). Así pois, deixemos que corra o aire, e lembremos a Aduaneiros Sem Fronteiras polo seu traballo nos últimos anos e non polo xeito no que se despiden.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS