¿Heroes é un plaxio?

Este domingo publicaron na Voz a seguinte nova: Demandan a la NBC por haber copiado el argumento de la serie «Héroes» Dos artistas demandaron a la cadena NBC Universal...

Este domingo publicaron na Voz a seguinte nova:

Demandan a la NBC por haber copiado el argumento de la serie «Héroes»

Dos artistas demandaron a la cadena NBC Universal y los creadores de la serie de televisión de éxito Héroes en un tribunal de distrito de Estados Unidos la pasada semana, alegando que el programa copiaba ilegalmente su idea. El espacio se emite en las cadenas de la Forta en España y en las plataformas de pago.
Los artistas de Nueva York Clifton Mallery y su esposa, Amnau Karam Eele, presentaron la querella en Manhattan y alegan que los creadores de Héroes basaron su argumento -que versa sobre un artista que puede pintar el futuro- en un relato corto, una serie de pinturas y un cortometraje que ambos exhibieron en los años 2004 y 2005. Un portavoz de la NBC dijo que la compañía cree que esta querella no tiene fundamento: «Pretendemos defendernos enérgicamente y esperamos ganar».

Los vieron en una muestra

Los artistas dijeron en la querella que dos personas que se identificaron como escritores de la serie de la NBC Crossing Jordan , también desarrollada por el creador y productor ejecutivo de Héroes , Tim Kring, acudieron a su exposición en abril del 2005 en el Hunter College en Nueva York. Se cree que ambos se llevaron obras de la pareja, según la querella. La pareja dice que su trabajo se centraba en un artista que pinta el futuro y, en concreto, la destrucción de dos edificios emblemáticos de la ciudad de Nueva York. Sostienen que esto es «sorprendentemente similar» al personaje de Isaac Méndez en Héroes , cuyas pinturas sobre el futuro reflejan una explosión en Nueva York.

Portada do número 1 de Rising StarsE a verdade é que flipei un pouco, porque se a serie de televisión Heroes bebe dalgunha fonte, parece clarísimo que se trataría do cómic Rising Stars de J. Michael Straczynski, que se publicou nos EE.UU. entre os anos 1999 e 2003, ou sexa, con anterioridade ás obras dos artistas neoiorquinos que presentan a demanda.
Incluso engadirei que o cómic xa inspirara claramente a serie televisiva Los 4.400, pois nas obras que estamos a citar aparece como elemento común que cada personaxe presenta un superpoder diferente.

O caso que nos ocupa me lembra ó de Matrix, película que conceptualmente agrupaba moitísimos elementos da cultura ciberpunk polo que moita xente sostiña que se trataba dunha cadea de plaxios, mentres que os autores recoñecían abertamente as súas fontes de inspiración. Así, que lese os libros de William Gibson ou vese películas de animación xaponesa coma Ghost In The Shell, podería afirmar que Matrix tiña moi pouco de orixinal, pero hai que recoñecer que souberon facer unha película que se converteu nunha das obras audiovisuais de máis relevancia (pola súa influenza noutras obras posteriores). O mesmo poderiamos dicir da serie de televisión Heroes, que aínda que non sexa a cousa máis orixinal do mundo, si parece ser o primeiro caso no que mesturando certos elementos que parecen só aptos para frikis conseguen chegar ó grande público ata converterse na serie de máis éxito da presente tempada nos EE.UU., polo que as demandas que pretenden sacar tallada do asunto non deberían sorprender a ninguén.

Portada do número 1 de Midnight NationEu reitero que considero que a principal fonte de inspiración da miña serie de televisión favorita na actualidade é a maxiserie Rising Stars, polo que non me sorprendería que nun futuro alguén adaptase a miña obra favorita de Straczynski á televisión: Midnight Nation. Ou sexa, que o que non lese aínda os 12 números debuxados por Gary Frank debería ir correndo á librería especializada máis próxima para mirar se pode facerse cuns exemplares que non esquecerá.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • San Diego Comic-Con, tráilers a mogollón

    Unha ano máis a Comic-Con de San Diego confirmou que xa non é un evento centrado na banda deseñada, senón na industria do lecer en xeral, de xeito que...
  • Unha semana para Wonder Woman

    A primeiros de mes estreouse nunha chea de países o filme de Wonder Woman, polo que levo moitos meses esperando con ilusión, principalmente para poder comprobar se queda esperanza...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • Supergirl promociona o filme de Wonder Woman

    A pasada noite a serie de televisión de Supergirl despediu a súa segunda tempada, e aproveitaron a ocasión para facer publicidade do novo filme de Wonder Woman protagonizado por...