Heroes en DVD

A Ciberirmandade anuncia que Heroes é a primeira serie de televisión norteamericana en saír en DVD en galego, o que recibiría de moi bo grado se non fose porque...

Edición especial de Heroes
A Ciberirmandade anuncia que Heroes é a primeira serie de televisión norteamericana en saír en DVD en galego, o que recibiría de moi bo grado se non fose porque a edición sinxela será a única que poidamos mercar nas tendas polo momento, xa que a edición especial que incluía un cómic, un disco extra e unha camisola está esgotada antes do seu lanzamento.
Non sei en qué pensan as produtoras cando lles pasan cousas así. Se Heroes é unha serie super-friki é normal que as edicións frikis se vendan mellor, ¿non? Incluso me atrevería a dicir que foi a tenda de DVDgo a que esgotou as copias (pois foi das poucas que permitiu a reserva) e agardo que a Universal lance unha segunda edición en breve ou, cando menos, para a campaña de Nadal, cando algúns podemos considerar facernos cunha copia das aventuras de Hiro e os seus amigos.
Eu continúo coa dúbida de qué vai ser o cómic que vén co DVD, pois este mes se edita un tomo recopilatorio con tódolos comics da primeira tempada (que finalmente vai ter unha portada de Alex Ross). ¿A desexada edición limitada pagará realmente a pena? Igual non…

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...
  • O Banjo Fantástico

    Chámase Ollie, ten un banjo, e tras facer unha chea de versións de música de videoxogos como Out Run, Street Fighter II ou Tetris, inicia unha nova serie de...