A estrea de Heroes e o anuncio da NBC

Finalmente chegou Heroes á TVG e admito que me traguei os 3 episodios pese a que xa os vira, pero iso non é algo que fixera moita máis xente...

Finalmente chegou Heroes á TVG e admito que me traguei os 3 episodios pese a que xa os vira, pero iso non é algo que fixera moita máis xente se facemos caso ós estudos de audiencias que falan dun 10,5% de cota de pantalla.
A verdade é que quedei satisfeito coa estrea, quedando impresionado co feito de que respectaran detalles coma o xeito de amosar os subtítulos cando falan Hiro e Ando, aínda que houbo unha cousa que me pareceu excesiva: os faldóns anunciando que deseguido viña outro episodio da serie (porque coido que no primeiro episodio apareceron dúas veces). Iso si, non está mal que avisen dese tipo de cousas para que non lles pase o da Fox con Prison Break.
Iso si, agora estou berrando o de yatta por calquera parvada, e o anuncio da NBC nos EE.UU. non está axudando precisamente ó asunto:
Descubrín o anuncio no blog da Chica de la Tele, e para os que non o lembre, coido que está inspirado no wassup de Budweiser, o que non fai que deixe de parecerme un acerto.
Veña, todos a berrar ¡Yattaaaaaaa!

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS