Non teremos moito mono de Heroes

A revista Entertainment Weekly dedicou os pasado días varias portadas á serie de televisión Heroes (e, se te fixas moito, inclúen pisas sobre o que está a acontecer nos...

A revista Entertainment Weekly dedicou os pasado días varias portadas á serie de televisión Heroes (e, se te fixas moito, inclúen pisas sobre o que está a acontecer nos últimos episodios):
Entertainment Weekly - portada 1Entertainment Weekly - portada 2Entertainment Weekly - portada 3Entertainment Weekly - portada 4Entertainment Weekly - portada 5
E eu non paro de tremer, porque este luns se emite o penúltimo episodio da primeira tempada e a vindeira semana rematará unha historia que me ten en tensión dende hai varios meses, e logo vai deixar un enorme baleiro ata o outono, ¿ou non? ¡Pois parece ser que non!
Hoxe entérome de que a NBC encargou unha nova serie de 6 capítulos que se emitirá no verán e que se chamará Heroes: Origins. Vén a ser case un spin-off de Heroes, pero en realidade cada episodio contará a historia dun novo personaxe, de xeito que ó rematar a mini-serie os espectadores poderán decidir cal lle gusta máis para integrarse na segunda tempada de Heroes que chegará despois do verán.
Non sei cómo funcionará a cousa, pero polo menos calmará o mono, porque no verán normalmente non sae nada decente… aínda que igual nos sorprenden o 10 de agosto coa nova serie de Flash Gordon. E se non é así, sempre nos quedará o DVD.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS