16 Xaneiro, 2007
¿Quén o ía a dicir? Xa hai un tempo que se veñen a vender pola Rede, pero no CES deste ano amosaron ó grande público unha solución para protexer ós teléfonos móbiles de agresións externas como a auga, a neve, a lama, o sangue, a pintura… ou sexa, para que nos entendamos: ¡condóns para móbiles!
Os novos complementos para móbiles responden ó nome Skins, e incluso teñen unhas instruccións de uso que semellan moito ó dos profilácticos máis tradicionais:
Véndense en caixas de 3 unidades a uns 5 euros o paquete, mentres que se promocionan cunhas imaxes bastante rechamantes:
Iso si, á xente de The Inquirer xa lles rompeu un dos condóns ó intentar poñelo nun Blackberry, ó que me lembra a unha clásica animación do Forrito Arjona:
Ver animación ▼
Debe estar conectado para enviar un comentario.