Os móbiles son malos

Existen moitos informes contradictorios sobre os efectos das ondas electromagnéticas na nosa saúde, pero deixando iso aparte, o que está claro é que os móbiles son malos, pero que...

Existen moitos informes contradictorios sobre os efectos das ondas electromagnéticas na nosa saúde, pero deixando iso aparte, o que está claro é que os móbiles son malos, pero que moi malos. E se non o credes, mirade a reacción dun móbil cando intentan esbouralo no microondas:

O vídeo é unha aténtica pasada (nal últimas horas está a aparecer nunha chea de blogs), e o efecto especial case dá o pego (ben podería valer coma vídeo viral para promocionar a película Monstruoso).
Coido que de facer o experimento na práctica o microondas se escaralla de contado, pois a batería do móbil ten moito metal. E se non se escaralla, limpalo logo seguro que sería unha tarefa titánica.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...