Bos Días aos móbiles sociais

Hoxe no Bos Días falamos de xeito moi lixeiro sobre a nova tendencia nos terminais de telefonía móbil dirixidos a mozos, que potencian o uso das plataformas de redes...

Hoxe no Bos Días falamos de xeito moi lixeiro sobre a nova tendencia nos terminais de telefonía móbil dirixidos a mozos, que potencian o uso das plataformas de redes sociais en calquera momento e lugar, facilitando o intercambio de contidos e comentarios entre amigos, no que podemos ver tanto como unha evolución das comunicacións móbiles como da liberación da Internet da pantalla do ordenador:

Quedaron moitas cousas no tinteiro (supoño que falaremos noutras ocasións do asunto) coma os detalles dos móbiles que presentaron nos pasado días compañías coma Microsoft ou Nokia, e aínda que non confío en que en Europa teñan moito éxito, estou certo de que nos EE.UU. o KIN ONE e o KIN TWO van arrasar, especialmente se cumpren co prometido e, entre outras cousas, amosan os contidos en redes sociais cun sistema de prioridades que distingue a información compartida dos amigos reais da publicada por amigos virtuais. Segundo parece, teriamos varios chanzos, separando aos nosos achegados, dos meros coñecidos e dos famosiños aos que seguimos na Rede. Este tipo de orde é cada vez máis importante ante a abundancia da información nas redes sociais, polo que agradécese que comecen a pensar en solucións que fagan que a xente non afogue, pois se agora xa é difícil seguir todo o que comentan os compañeiros de clase no Tuenti, ¿qué pasará cando teñamos fichados a xente coa que coincidimos en toda a nosa vida?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS