A galega de Cancún

¡Manda carallo! En vez de falar de ETA, das rebaixas e dos temas de sempre, hoxe quedei abraiado ó ver que tódolos medios están a darlle unha importancia sen...

Ana María Ríos en Interviú
¡Manda carallo! En vez de falar de ETA, das rebaixas e dos temas de sempre, hoxe quedei abraiado ó ver que tódolos medios están a darlle unha importancia sen precedentes á portada da revista Interviú, na que aparece Ana María Ríos, a galega que quedara retida en Cancún por aparecer na súa equipaxe un detonador e varios cartuchos repercutidos que lle estropearon a súa lúa de mel.
Dende a Cadena SER din que a nova da portada de Interviú é o máis lida da súa web, a web de Informativos Telecinco atrévese a publicar imaxes interiores da revista (algo de dubidosa legalidade) e tamén me sorprende que a nova saia en Xornal.com atribuída á súa redacción cando está en español e cun descarado copy & paste da nova da SER (sería cousa das presas, pero coido que se poderían molestar en traducir o texto ó galego).
Iso si, paréceme que afirmacións coma “los quioscos de la localidad pontevedresa de Arcade han agotado “en tiempo récord” todos los ejemplares de la revista Interviú” non parecen ter moita credibilidade. ¿Cantos exemplares de Interviú chegan a Arcade? ¿Dez ou vinte? ¡Claro que se esgota así a revista! Vaia, en Melide tamén se rematan os exemplares da Voz cando sae algunha nova relativa á vila cando ten interese… ¡e chegan moitísimos máis exemplares que de Interviú!
De tódolos xeitos, continúo a flipar coa cantidade de publicidade gratuíta que lle están a dar á publicación do Grupo Zeta (¿ou debería dicir Grupo Teta?).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS