Sillas ergonómicas

Acaban de publicar en CrunchGear un artigo sobre as sillas ergonómicas e mirei os modelos de sillas dos que falan no texto para ver se recoñecía algunha ¡et voilà!...

Acaban de publicar en CrunchGear un artigo sobre as sillas ergonómicas e mirei os modelos de sillas dos que falan no texto para ver se recoñecía algunha ¡et voilà! Esta mesma tarde amoráronme unhas sillas coma esta:
Silla Mirra de Herman Miller
Co engadido de que tiñan reposacabezas.
De tódolos xeitos, sorprendeume que, tras falarme do marabillosas que eran as sillas engadiran o comentario de que custaban uns mil euros e segundo o artigo antes mencionado, as sillas modelo Mirra de Herman Miller teñen un prezo que vai dende os 550 dólares… mentres que en España efectivamente parece que custan uns mil euros. ¿Cómo se pode xustificar tal diferenza de prezo? Porque no caso dos dispositivos electrónicos (coma os ordenadores) entendo que existen aranceis que incrementan o prezo en Europa con respecto dos EE.UU. pero, ¿cos mobles? ¿Non é un tanto absurdo?
Iso si, confirmo que a silla é impresionante, e estaría á altura dunha ponte de mando de calquera película de ciencia ficción. Unha mágoa que o prezo deste tipo de produtos non estea ó alcance da meirande parte das empresas, porque as costas e pescozos dos traballadores o agradecerían…

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS