José Luis Orihuela en El Correo Gallego

O suplemento de Tendencias de El Correo Gallego publica hoxe un artigo de Xabier Sanmartín sobre o profesor José Luis Orihuela e o fenómeno de Twitter, que resulta bastante...

O suplemento de Tendencias de El Correo Gallego publica hoxe un artigo de Xabier Sanmartín sobre o profesor José Luis Orihuela e o fenómeno de Twitter, que resulta bastante intersante:
Artigo sobre José Luis Orihuela de Xabier Sanmartín
Eu tiven a honra de coincidir con Orihuela tanto no Beers and Blogs que tivo lugar en Compostela en 2004, como en 2 eventos semellantes na Coruña (no pub Dublín e no Bitácora), resultando estes encontros moi enriquecedores, pois normalmente ao coincidir con xente con intereses comúns acaba aprendéndose algo.
Como curiosidade, o primeiro Beers & Blogs coruñés con José Luis Orihuela foi a desculpa que empreguei para crear este blogue, o que en boa medida explica o bo recordo que teño do encontro. Por sorte, agora non é preciso realizar convocatorias dese tipo para coincidir con xente do sector, senón que temos eventos practicamente todos os meses espallados pola xeografía galega. Quen non se integra é porque non ten interese, e case podemos aventurar que no último lustro vivimos unha revolución maior que a de varias das décadas anteriores. Mirar atrás dá algo de vertixe.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS