Os boletíns do BNG e do PP de cara ás eleccións

Ao chegar a Melide a pasada fin de semana os meus pais tíñanme gardado un boletín do BNG que distribuiron nos pasados días, para que lle botase un ollo,...

Ao chegar a Melide a pasada fin de semana os meus pais tíñanme gardado un boletín do BNG que distribuiron nos pasados días, para que lle botase un ollo, e paseino a PDF e o colguei na web para que o poidan ver as persoas que non están pola vila nestes días:

Pero o BNG non foi o único partido en lanzar boletín co gallo das eleccións autonómicas, senón que o Partido Popular tamén fixo o propio, polo que tamén o pasei a PDF e o subín á web:

O texto é especialmente relevante porque coincide co discurso de Dolores Gómez no mitin do PP, con moitas acusacións que estaría moi ben que se clarexasen nun futuro debate entre os líderes das formacións políticas municipais, pois todos eses temas serán decisivos de cara aos comicios locais.

Moitos dos argumentos que empregaba o PP enténdense como distintos xeitos de facer as cousas (critican o gasto en audiovisual do goberno autonómico, a falta de apoio a institucións como a Orquestra Sinfónica ou o cambio da imaxe corporativa do Concello), á vez que algunha acusación é absurda (¿por qué preguntan qué foi dos préstamos bancarios cando quedan moitas facturas por pagar cando eles mesmos din que os préstamos non se poden empregar para satisfacer a débeda?) e outras son moi razoables (como as relativas ao persoal do Concello, que segue a ser algo pouco transparente).
Pero a min o que menos me gustou foi que criticasen os 30.000 euros que custou o cambio de imaxe corporativa e a renovación da web do Concello, pois esto último parecíame moi necesario, a que a web anterior era coma non ter nada (era inaccesible, carante de usabilidade e non estaba actualizada).
Aínda que de criticar algo, o que pediría para futuros boletíns do PP é que botasen ao lixo a tipografía Comic Sans, que só vén no Windows para o seu uso no , e non para que se empregue en medios impresos.

Os números dos mitins

Todos os anos se discute moito a estimación de asistentes aos mitins, algo que non acabo de comprender, pois non ten unha incidencia real no voto. Vaia, que en Melide a metade da xente vota ao PP, e o resto repártese en partes iguais entre o PSdeG e o BNG, mentres que asiste moitísima máis xente aos encontros do BNG (que ostenta a alcaldía) que ao resto de eventos.
Eu estimo que o número de xente presente en cada mitin sería aproximadamente o seguinte:

Asistentes
PSdeG 120
PP 300
BNG 700

Pero atender ao baile de cifras posiblemente sexa perderse. Coido que poderiamos facer unha lectura moi distinta dos encontros, que sería algo así:
PSdeG: mitin pequeno e curto no que se pretendía dar a entender que o partido aínda segue vivo en Melide, e que conta con apoios a nivel autonómico coma estatal, o que confirmaron coa presenza de Méndez Romeu e Elena Espinosa.
PP: o Partido Popular non buscou xuntar a moita xente, senón congregar aos convencidos para deixarlles claro que eles o farían mellor que os que están agora. Non pretendían convencer a ninguén, senón reafirmar a súa posición.
BNG: un baño de multitudes dedicado a Anxo Quintana, e cun despregue que dá a entender aos cidadáns que Melide ten peso para as consellarías dependentes dos BNG. Unha mensaxe clara.

¿Foi un éxito o mitin do BNG e un fracaso o resto? Non diría tanto. Non se pode negar o éxito de participación do encontro do Bloque, pero o resto de forzas conseguiron un éxito de convocatoria semellante ao de outros anos. Vaia, que non é que ao PP e o PSdeG lles fose mal, senón que o BNG destacou moito e eclipsounos.
Agardemos que cunda o exemplo, e así de cara aos vindeiros comicios a mobilización cidadá sexa maior, e que non se imite aos líderes autonómicos no tocante aos mitins, e poidamos ver un debate televisado ou presencial (esto último sería moi complicado, pero sumamente atractivo).

ACTUALIZACIÓN: O PP de Melide vén de publicar un resumo do seu mitin asegurando que «máis de medio milleiro de persoas déronse cita no Hotel Carlos 96 de Melide», afirmación que non entendo por qué fan, cando nos propios vídeos que publican nesa entrada vese claramente que iso é totalmente imposible porque case todo o local estaba ocupado por sillas. Así a ollo calculo que podería haber unhas 220 sillas, de aí que estimase que o número de asistentes era de 300, pois aínda que de pé non houbese moita xente na parte de atrás, esta ten certa rotación, pero aínda que puidesen chegar a contabilizar máis de 300 asistentes, nin de coña poderían chegar os 350, así que moito menos superar os 500.
Continúo sen entender por qué hai tanta teima con iso do número de asistentes, pois non se gaña nada esaxerando (como nas manifestacións, onde as organizacións convocantes manexan cifras que normalmente dobran ás que ten a Policía). ¿Son eu o único que pensa que ter a 300 persoas durante máis de 2 horas atendendo a un mitin é todo un éxito?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS