Contra as infidelidades: publicidade

Os maridos infieis deberían pensar o que fan, porque os cornos poderían volverse na súa contra, e publicitarse por todo o alto… de feito, en enormes pancartas publicitarias coma...

Os maridos infieis deberían pensar o que fan, porque os cornos poderían volverse na súa contra, e publicitarse por todo o alto… de feito, en enormes pancartas publicitarias coma esta:
Jane's revenge
O caso da vinganza de Jane parece que ten bastante sona, así coma o caso de Emily, que resultou ser un bulo:
Emily soon-to-be-ex wife
O caso de Jane, pola contra, parece ser verídico, e mesmo se completou con cuñas radiofónicas. ¿Terán que engadir nas páxinas de anuncios por palabras dos xornais unha sección de cornamentas? ¿Chegará este tipo de publicidade á Rede de xeito que pronto vexamos banners poñendo a caldo á ex-parella? ¿Poderían contratacar a este tipo de publicidade con anuncios posteriores ó estilo dos chats que se producen nas portas dos cuartos de baño? ¡Menudo panorama!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS