Se ben, unha versión realista de Super Mario Bros pode ser moi violenta, ¿non lle pasaría algo semellante a unha inocente tira cómica como a de Calvin & Hobbes? Os animadores de Robot Chicken pensan que a cousa sería tal que así:
A min sempre me pareceu que o raparigo estaba algo trallado…
De tódolos xeitos, os de Robot Chicken aínda atopan versións máis sorprendentes doutros personaxes, coma as Tartarugas Mutantes, pois nolas amosan non como adolescentes, senón coma anciáns:
“Senior Mutant Ninja Turtles… ¡heroes in a wheelchair!”
De tódolos xeitos, a mellor creación dese tipo de curtas de animación cutre é sen dúbida a parodia que fixeron dos Teen Titans con Beavis e Butthead:
Para rematar, unha vision de Star Wars na que se vén a explicar por qué Darth Vader non foi totalmente sinceiro con Luke Skywalker ó non mencionar nada do acontencido nos tres primeiros episodios da saga galáctica: