Quitade os adhesivos dos dispositivos electrónicos

Hoxe descubrín un corte do programa de Buenafuente no que Berto reflexiona sobre a patética práctica de deixar os adhesivos e os plásticos protectores nos trebellos electrónicos despois da...

Hoxe descubrín un corte do programa de Buenafuente no que Berto reflexiona sobre a patética práctica de deixar os adhesivos e os plásticos protectores nos trebellos electrónicos despois da súa compra, coma se servise para algo:

Comparto ao 100% a opinión de Berto, e o outro día lembro o noxo que me deu ver a PSP dun curmán, cun plastiquiño cheo de burbullas de aire sobre a súa pantalla porque “así se vía mellor”. ¿Mande? Coido que se ve mellor unha pantalla chega de rañaduras que unha con burbullas sobre a mesma.
adhesivos de portátilIso si, os adhesivos teñen unha utilidade moi boa, unha grande prestación que consiste en que, cando o equipo vai algo vello e o adhesivo se desgasta, tes que quitalo, de xeito que descubres o cambio de cor que tivo a carcasa na súa vida. Ou sexa, que os adhesivos que non se quitan ao estrear o equipo (dende un portátil ata unha cámara de fotos) deixan a súa pegada para a eternidade.
¡Morte aos adhesivos que veñen de fábrica! De pór adhesivos aos trebellos, que sexan cousas persoais que simbolicen algo, como os adhesivos do Eu.gal… ¡ou mesmo de Hello Kitty! Pero pasade dos Intel Inside (Idiot Outside), os Windows XP/Vista, os Zoom 4x e cousas polo estilo, que son de tan bo gusto coma non quitar o prezo a un agasallo.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS