24 Maio, 2007
Donato Di Carlo, un estudante da Escola de Cine de Milán, está a abraiar ó mundo cunha curtametraxe de Calvin & Hobbes:
A cousa pinta moi ben, e podería ser tranquilamente unha serie de curtas para televisión, ou incluso unha serie na liña da de Garfield, pero Bill Watterson, o creador da tira cómica de Calvin & Hobbes, ó non ser capaz de levar a bo fin unha serie de animación dos seus personaxes preferiu que non o fixese ninguén por el, polo que a primeira cousa que puidemos ver antes desta excelente curta foi unha parodia en Robot Chicken: