¿CoRReR ou voaR?

Esta semana chegoume o último número da revista de R no que baixo o título de “correo que voa con R” prometen (tamén na web purafibra.com) que nos primeiros...

Esta semana chegoume o último número da revista de R no que baixo o título de “correo que voa con R” prometen (tamén na web purafibra.com) que nos primeiros meses de 2007 ampliarán ata 6 Mbps as actuais conexións de 4 Mbps e a 9 Mbps para os que temos 6 Mbps:
purafibra.com
Estas velocidades xa dan certa vertixe, pois hoxe xa é case imposible sacar proveito deste tipo de conexións, agás que se faga un uso superintensivo das redes P2P ou se estea todo o día a ver a televisión a través da Rede. Pero iso non é así porque R si dá o que promete (algo que non fixo sempre).
Se poño como exemplo a miña conexión de 6 Mbps de baixada e 500 Kbps de subida e a analizamos co velocímetro de R temos o seguinte:
Velocímetro de R
Esta é unha análise ó azar (ou sexa, que se poden obter mellores ou peores resultados segundo o momento) e así temos que R me dá un pouco máis do 90% da velocidade prometida, o que é moito máis do que dan, por exemplo, o operadores de ADSL, que chegan a prometer conexións a 20 Mbps que nalgunha ocasión apenas chega a 1 Mbps.
Vaia, que non me queixo da conexión que teño na casa (aínda que o prezo é outro cantar).
Unha mágoa que este tipo de infraestruturas non chegue a calquera, mesmo nas cidades (pois hai barrios nos que a propia R non dá tan bo servizo). Polo menos R vai reaccionando ante a súa competencia (Imagenio e semellantes) mentres que fóra das cidades a xente aínda non ten normalmente conexións ADSL a máis de 1 Mbps. Agardemos que o novo ano cheguen mellores velocidades e prezos a tódolos usuarios da Internet de España, porque se quedamos rezagados perderemos posicións a nivel global e coido que non está o forno para bolos.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS