Novo anuncio do iPod shuffle

Apple lanzou un novo anuncio do seu iPod shuffle: Sexamos sinceiros, o Ipod shuffle é unha merda pinchada nun pau (xa que non ten pantalla, polo que non sabemos...

Apple lanzou un novo anuncio do seu iPod shuffle:
Sexamos sinceiros, o Ipod shuffle é unha merda pinchada nun pau (xa que non ten pantalla, polo que non sabemos qué canción se está a reproducir en cada momento, o que pode ser todo un problema para un dispositivo con 1 Gb de capacidade) pero á xente vaille dar igual, ¡porque mola mazo!
Un exemplo de cómo un dispositivo que non coida en absoluto a súa usabilidade pode triunfar grazas ó seu deseño atractivo e ó seu reducido tamaño. Agardemos que no futuro non fagan móbiles tan cativos, que así non vai haber dios que marque os números.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS