«O iPad mini non é o iPod Touch»

Cando John Elerick, Will Stephens, Roger Roth e Travon Free xúntanse para levar á vida unha parodia pensad por Elerick para facer burla dos anuncios de Apple poucos podían...

Cando John Elerick, Will Stephens, Roger Roth e Travon Free xúntanse para levar á vida unha parodia pensad por Elerick para facer burla dos anuncios de Apple poucos podían agardar que conseguirían facer unha sátira tan atinada.

[content_right title=”Jonny Five, Senior Vice President Design”][pullquote]iPad mini is now the
future until May[/pullquote][/content_right]No vídeo souberon captar o cristo que se está a converter a actual gama de produtos de Apple, que comezou a enrarecerse cando decidiron chamar novo iPad ao iPad 3, e agora que hai un iPad catro que segue a chamarse novo iPad e tamén temos un iPad mini, ¿esperan que o público non se perda entre tanto lío? Porque chamar vello novo iPad ao iPad 3 é un lío de carallo (aproveito para avisar de que hai moitas tendas en liña liquidándoo, sen deixar claro que é o dispositivo vello), pero explicar as diferenzas entre o iPad mini e o resto de iPad aparte do tamaño tamén ten o seu aquel.

Eu estou impaciente por que Apple lance o cativo iPad nano, e que sorprenda logo co iPad shuffle… ¡sen pantalla! [icon icon=”0034.png”][/icon]

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...
  • As nais e a tecnoloxía en plan Queen

    Hai tempo que non comparto ningún vídeo de Oregón TV, pero como esta fin de semana no seu programa renderon homenaxe a Queen cun vídeo facendo burla da tan...