Co gallo do SIMO en Madrid, Nominalia pechou un acordo con Red.es para ofrecer 30.000 dominios .es de balde durante un ano.
¿Cal é o truco do asunto? Pois que os dominios non inclúen o servizo de DNS nin a administración do correo electrónico, polo que se contratas os servizos adicionais acabas pagando moito máis que con outro xestor de dominios de Internet.
De tódolos xeitos, como sempre hai truco para todo, a xente que se acolla a esta promoción e non pague nin un can, pode empregar o truco do almendruco e ter un dominio operativo pola cara.
A idea consiste en que tras rexistrar o dominio (hai que esperar unhas horas trala solicitude para que o rexistro sexa efectivo) podemos empregar o servizo de WHOIS de Nic.es para comprobar o NIC-HANDLE do dominio novo (no caso de Marcus.es, por exemplo, sería MFO13-ESNIC-F4) e logo podes pedir a recuperación do contrasinal de tal identificador (que recibirás por e-mail) de xeito que xa terás o nome de usuario e o contrasinal para xestionar o teu dominio .es, de xeito que no panel de control do sistema podes solicitar o rexeitamento do teu axente registrador (Nominalia) e xestionar logo algún servizo de DNS operativo.
Eu recomendo apuntar os dominios deste tipo a CDmon, posto que dan DNS de balde, de xeito que podes redirixir o novo dominio, por exemplo, ó teu blogue, e tamén podes configuralo para que redirixa os correos electrónicos que ti definas no novo dominio ás túas contas de correo electrónico anteriores (incluso se pode aproveitar o novo dominio para crear contas tipo GMail coma eu fixen en Melide.net).
Iso si, cando pase o ano dende a promoción ou se abandona o dominio ou se renova, pero cando menos non hai que pagar 32 euros para iso (que é o que cobran en Nominalia) posto que hai provedores que son bastante máis baratos neste tipo de trámites.
4 Novembro, 2006