Currículum esaxerado

Pepe Cervera fala no seu blog dun fulano chamado Aleksey Vayner, que naceu en Uzbekistán e estudiou na prestixiosa universidade de Yale e, para pedir traballo na banca de...

Pepe Cervera fala no seu blog dun fulano chamado Aleksey Vayner, que naceu en Uzbekistán e estudiou na prestixiosa universidade de Yale e, para pedir traballo na banca de New York mandou un currículo realmente esaxerado no que adxuntou o seguinte vídeo:

O ghicho, defínese coma deportista profesional (de esquí, artes marciais e tenis), sanador mediante técnicas orientais, experto en técnicas de mellora persoal, bailarín de salón e escritor. Sobra dicir que cando a xente comezou a ver o vídeo en cuestión comprendeu que Vayner debe de ter unha imaxe de si mesmo un tanto esaxerada, pois as súas imaxes levantando pesas dan bastante pena (cando sube peso, emprega axuda… e move os ferros cunha absoluta falta de técnica), os saques de tenis son ridículos, bailando salsa vese que está ben acompañado (pero que aínda lle quedan moitas clases para aprender a facelo ben) e do momento no que fai que racha uns ladrillos… mellor non falar… (supoño que iso que soltan por aí de que foi o gardacostas do Dalai Lama será unha chorrada máis, como que era técnico de residuos nucleares).
Non me sorprende que agora o currículo do rapaz circule por medio EE.UU. a xeito de carallada, polo que recomendo a calquera que cando se poñan a incluír parvadas no seu currículo, que mellor sería reflexionar un pouquiño, e procurar esquecer o cinturón branco-amarelo de Tae Kwon Do e o curso de 3 días de socorrismo, porque iso non converten a ninguén en Jack Bauer. Cando menos Vayner fixo pasar un bo rato a boa parte da Internet, o que tampouco está mal.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS