Adeus, Michael

Os blogs de cotilleo están fervendo, pois esta noite TMZ deu en primicia a nova da morte de Michael Jackson, un artista ao que admirei moito, especialmente polos seus...

Os blogs de cotilleo están fervendo, pois esta noite TMZ deu en primicia a nova da morte de Michael Jackson, un artista ao que admirei moito, especialmente polos seus albums Thriller e Bad, que son pouco menos que perfectos. O primeiro tíñao en casete e o segundo en vinilo, e aínda que nos últimos anos Jackson convertérase nun freak, botareino en falta neste mundo.
Para lembralo coido que vou pasar do tópico de Thriller (un dos mellores vídeos da historia), e porei neste espazo o videoclip de Black or White (podedes ver moitos dos seus vídeos na súa canle en YouTube), non polos cameos que ten ao principio, senón polo que supoño para a industria dos efectos especiais, promovendo as técnicas de morphing ata convertelas nunha mera transición cando hai uns anos era todo un logro tecnolóxico:

Deixando a un lado a tristura que produce o pasamento dun referente cultural (autor de múltiples cancións que espertan lembranzan en moita xente) a nova está a converterse nun exemplo máis de que a Rede pode adiantarse aos medios de comunicación tradicionais dun xeito esaxerado, e nas últimas horas varias webs que informaban do tema estaban caídas ante o alude de visitas que quegaban de todo o mundo. Oxalá a vindeira nova que produza tal reacción sexa positiva.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS