Premio Blog Solidario

O blog do Barrio dos Mallos deume un Premio Blog Solidario, e aínda que o doado sexa fuxir deste facho, porto con honra o orixinal galardón e, como corresponde...

Premio Blog SolidarioO blog do Barrio dos Mallos deume un Premio Blog Solidario, e aínda que o doado sexa fuxir deste facho, porto con honra o orixinal galardón e, como corresponde a tal piramidal premio, debo repartir 7 premios Blog Solidario a cadernos dixitais que considere dignos:
La Huella Digital: pois Nacho de la Fuente fai interesantes reflexións cada día e aínda que en 2006 gañou un Premio BOB agardo que tamén guste gun Premio Blog Solidario
Atún tun tun: o blog de Manuls, que merece o premio só pola súa estética
Chica de la tele: agradécese ter un referente no mundo televisivo que informe da actualidade con tanta frescura
E-periodistas: gusto dese blog, pero quixera saber qué 7 blogs recomendará Ramón Salaverría despois de que recomendase 5 blogues portugueses ó recibir un Thinking Blogger Award
Uruloki: coido que este mozo compostelán fai unha das mellores seleccións de novas sobre cine friki que se pode ver na Internet (con perdón de Ifrit)
Geek in Love: un blocómic co que río moito tanto cando fan coñas sobre Twitter como cando din verdades coma puños sobre o iPhone
Volatilis: polos seus especiais de fin de semana nos que recollen unha chea de ligazóns frikis.

Os receptores deste premio (claramente inspirado nos Thinking Blogger Awards) deben seguir as seguintes instruccións:
-Escribir unha entrada no seu blog amosando o Premio e citando a quen llo outorgou (ligándoo, para poder seguir coa cadea).
-Elixir un mínimo de 7 blogs destacados nomeándoos e ligándoos… así como avisándoos de que recibiron o galardón, para que fagan o mesmo.

Como vedes trátase dunha estrutura piramidal que coido que pode manterse forte grazas a que a blogosfera é moi grande. Cando menos servirá para dar a coñecer blogs interesantes, o que resulta enriquecedor para todos.

ACTUALIZACIÓN: polo momento só tomaron o relevo da iniciativa Chica de la Tele e La Huella Digital. Ramón de E-Periodistas promete facer o propio cando teña tempo. O resto dos premiados supoño que serán os típicos que non fan caso das cartas en cadea (con bo criterio).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS