Seguimos sendo unha potenzia

As críticas de Somos unha potenzia eran bastante duras pola Rede, e non sen razón (principalmente botábase en falta certo ritmo no programa) pero eu sigo a confiar en...

As críticas de Somos unha potenzia eran bastante duras pola Rede, e non sen razón (principalmente botábase en falta certo ritmo no programa) pero eu sigo a confiar en Carlos Blanco, pois esta segunda entrega do seu programa mellorou moitísimo.
Tivo moito mérito que lograsen que o político José Blanco Pepiño amosase o seu humor en pantalla aturando todo o que lle pasaba por diante cun sorriso, e procurando (con mellor ou peor fortuna) seguir as grazas.
Iso sí, ó final enrollouse bastante ben e botou un mitin falseado coma se o de ZP fose de PotenZIA (que mais ben sería PZ):
O tanga de Chus SantiagoPero o mellor do programa foi a aparición das Rumorosas presentando o merchandising de Somos unha potenzia, con camisetas, bolígrafos, bandolas para o pelo, carpetas, preservativos, tangas, e unha estrela indubidable: a bebida enerxética con extracto de licor café.
Para ver o simpática que foi a presentación (e cómo putearon a Blanco co do tanga e as estatísticas) o mellor e velo (nos vos perdades o “¡qué cabrón!” que se oe de fondo):
Pero as rumorosas non quedaron aí, senón que tamén tiveron a súa sección de Todo o que ven na Rede é peixe, na que convidaron ós espectadores a visitar Fillos de Galicia e a Parcelaria Virtual pola Cultura Galega:
Para quen non o saiba, o da Parcelaria está inspirada na páxina do millón de dólares que si que vendeu cada un dos píxeles que presenta ata chegar ó millón de dólares (o creador debeu de saír en tódolos informativos do mundo mundial).
ACTUALIACIÓN: Dende A Bola Extra tamén fan unha crónica do programa de onte.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...
  • O Banjo Fantástico

    Chámase Ollie, ten un banjo, e tras facer unha chea de versións de música de videoxogos como Out Run, Street Fighter II ou Tetris, inicia unha nova serie de...
  • Farruco nos primeiros tempos da Galega

    Aínda que moitos lembren a Xosé Lois Bernal López Farruco na Televisión de Galicia por aparicións na serie Terra de Miranda ou por presentar o programa Vivir Aquí con...
  • Fisterra sucumbe ao carbono modificado

    A pasada fin de semana rematei de ver a serie Altered Carbon en Netflix, historia baseada no libro Carbono Modificado no que preséntase un futuro no que é posible...