Adeus a Somos unha potenzia

O programa de Carlos Blanco Somos unha potenzia despediuse da grella da TVG (non sabemos se temporal ou definitivamente) esta semana, aínda que non co nivel doutras entregas previas,...

O programa de Carlos Blanco Somos unha potenzia despediuse da grella da TVG (non sabemos se temporal ou definitivamente) esta semana, aínda que non co nivel doutras entregas previas, e co seu peor horario da historia (comezou á 1:36).
Carlos Blanco comezou entrevistando a Manolo Rivas, nunha entrevista extensa, pero da que non gustei porque Rivas estaba todo o rato nervioso, tremendo… algo que non lle pasou case a ningún dos convidados, que se sentían cómodos nun programa tan de colegas. Estiveron moito mellos as clases pasivas dende o sofá, propondo a realización de botellóns para acabar coa especulación inmobiliaria:

Trala publicidade a Banda en Potenzia completouse coa voz feminina de Najla Farid, que polo menos non foi o rapeo de sempre:

A canción continuou co tradicional monólogo de Carlos Blanco, que nesta ocasión non o soltou ó final do programa:
Estivo moi ben o momento Les Luthiers cando se pon Blanco a imitar acentos, e a carta erótica tamén se saíu do mapa. Tamén haberá que tomar nota das suxestións para cambiar o nome dos pratos tradicionais galegos.

A sección de Desencontros esta semana invadiu un pouco as competencias dos espías, pero resultou bastante orixinal ou, cando menos, friki:

As Rumorosas lembráronnos un momento histórico da televisión (Diana comendo un rato en V) e fixeron un repaso das webs das orquestra galegas:

Esta semana non tivemos monólogo de Carlos Blanco ó final do programa, senón que o programa rematou cunha actuación conxunta de Blanco e Antón Reixa interpretando o tema histórico de Galicia Caníbal (fai un sol de carallo):

A min facíame máis graza o Canibal Galicia (It is so fucking sunny), pero estaba claro que no programa de Blanco non era menester versionar o tema en inglés.

Iso si, souberon pechar moi ben o programa co remate das clases pasivas dende o sofá, que xa se decataron do que lle pasaba á súa tele:

Ai, para unha cousa boa que botaban… ¿qué veremos agora na Galega?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS