Somos unha potenzia en marcos… e beiras

Como era agardado, á hora dos mouchos chegou o programa de onte de Somos unha potenzia no que se entrevistaba a Xosé Manuel Beiras Torrado. Unha das mellores entrevistas...

Como era agardado, á hora dos mouchos chegou o programa de onte de Somos unha potenzia no que se entrevistaba a Xosé Manuel Beiras Torrado. Unha das mellores entrevistas que lle vin facer a Carlos Blanco, porque fixo un achegamento humano á figura de Beiras e non procurou facer sangue con ningún tema.
Continúo sen gustar da sección dos espías, pero hai que admitir que a visión que tivemos de Beiras foi bastante agradable:

As fotografías que lle amosou Blanco a Beiras eran de calidade e bastante orixinais, chegando a sorprende ó convidado, o que está bastante ben:

Pero o momento de Beiras tocando o organiño Casio e a presentación da nosa querida Susana a paspallás foron os momentos máis impresionantes da noite:

Para rematar a entrevista con Beiras, Susana recitoulle un poema (a coña do zapato quedou en nada) e entregoulle un retrato de agasallo:

Quizais os únicos momentos raros do programa foron precisamente cando lle tocaba falar a Susana, pois ten un xeito de expresarse moi de seu, pero coido que tódolos que a coñecemos o pasamos moi ben coa súa aparición. Aínda así flipei porque non escoiter risas nin comentarios de Fernanda de fondo (estaba detrás da Gioconda). E moitos foron os habituais de Zapping e o Bar de Juan que estaban conformando o público do programa, como se puido ver durante unha das interpretacións da Banda en Potenzia, na que a cantidade de caras coñecidas que alí había compensaban publicar aquí a canción perpetrada por Emilio e Nathan:

As Rumorosas pasaron un pouco da Internet e foro directamente a amosar un vídeo de Susuna durante unha sesión fotográfica na que se lle vía en plan Barbarella co gallo do Día do Orgullo Gai :

E agora que en Cuatro están a emitir a nova tempada de Las Vegas non me podo resistir a pendurar aquí a intervención da alcaldesa de A Veiga en Las Vegas:

Para rematar, como sempre, o tradicional monólogo de Carlos Blanco, que nesta ocasión fala dos balos, tanto físicos como mentais:

Sen dúbida, un programa moi entretido, aínda que cun horario noxento que agardemos que corrixan no futuro, pois é moi difícil vencer o sono as noites dos luns.

ACTUALIZACIÓN: As audiencias da TVG para o día de emisión de Somos unha potenzia esta semana foron de:
– “Super master” (concurso musical): 10%
– “O show dos tonechos” (humor): 15.5% / 13.4%
– “Somos unha potenzia” (late show): 13.4%
– “A sentinela” (serie de ficción): 0.8%
Coido que así podemos afirmar varias cousas:
1- a xente comeza a estar farta dos Tonechos e xa non andan polo 20% do share
2- é unha milagre que o programa de Carlos Blanco manteña a audiencia dos Tonechos pese ó horario, o que parece indicar que a entrevista a Beiras foi o suficientemente interesante como para que a xente vencese ó sono
3- que o espazo relixioso da TVG está a ser considerado unha serie de ficción en Vertele (e resulta totalmente surrealista a emisión do seu programa, especialmente por abrir cun “boas tardes” ás 3 da madrugada).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...
  • O Banjo Fantástico

    Chámase Ollie, ten un banjo, e tras facer unha chea de versións de música de videoxogos como Out Run, Street Fighter II ou Tetris, inicia unha nova serie de...
  • Farruco nos primeiros tempos da Galega

    Aínda que moitos lembren a Xosé Lois Bernal López Farruco na Televisión de Galicia por aparicións na serie Terra de Miranda ou por presentar o programa Vivir Aquí con...
  • Fisterra sucumbe ao carbono modificado

    A pasada fin de semana rematei de ver a serie Altered Carbon en Netflix, historia baseada no libro Carbono Modificado no que preséntase un futuro no que é posible...