• HBO España fracasa na súa Invasión

    Levamos meses agardando a que HBO chegue a España para competir con Netflix, e hoxe foi finalmente o día, pero este desembarco resulta moito máis decepcionante do que un podería esperar, xa que, pese á antelación do lanzamento, dá a impresión de ser precipitado, cunha chea de eivas que...
  • Mañá celébrase o LGx15

    Atopar ao abrir Facebook unha tira de Luís Davila promocionando o LGx15 é todo un pracer e unha honra, e como o evento terá lugar mañá, non está de máis publicar un pequeno recordatorio do que se desenvolverá mañá na Sala Capitol de Compostela a partires das 18:00 horas....
  • As series de televisión de DC experimentarán a súa propia Invasión!

    A finais dos anos 80 os comics de DC viviron unha importante macrosaga na que descubríase que no planeta Terra había unha predisposición a desenvolver un metaxén que era o responsable de tantos seres con superpoderes, polo que moitas razas alieníxenas sentíronse ameazadas e xuntáronse para atacar o planeta....
  • La Bella y la Bestia estrea tráiler

    Non parece haber moita dúbida sobre o feito de que La Bella y la Bestia sexa unha das mellores películas de animación de todos os tempos, e o feito de que fose a primeira do seu xénero en conseguir estar nomeada aos Premios Oscar na categoría de Mellor Película...
  • A alma da máquina

    Tras toda unha serie de pílulas de vídeo para ir abrindo boca, por fin temos o primeiro tráiler do filme de Ghost In The Shell, que finalmente subtitulan como El Alma de la Máquina en España en vez de Patrulla Especial Ghost como se chamara aquí o manga inicialmente:...
  • Primeiro vídeo musical patrocinado por un párroco galego!

    Cando vemos vídeos musical de grandes estrelas internacionais como Rihanna, Shakira, Beyoncé, Cañita Brava ou Justin Bieber non é raro decatarse de que dedican planos moi específicos a amosar un coche, un reloxo, uns auriculares Beats ou un smartphone, atendendo claramente a un patrocinio, e veño de descubrir que...
  • O filme de Valérian estrea tráiler

    Hai que recoñecer que o que está a facer Luc Besson ten moito mérito: colleu un cómic europeo considerado clásico, Valérian et Laureline (tamén coñecido como Valérian: Spatio-Temporal Agent) e pese a que foxe un grande descoñecido entre o grande público, decidiu adaptalo á grande pantalla por todo o...
  • Sneaky Zebra na Comic Con de Los Angeles

    Hai tempo que non poño ningún vídeo de cosplay no blog, e en vista de que os fenómenos de Sneaky Zebra teñen vídeos novo… non podo evitar compartir a súa produción da Stan Lee’s Los Angeles Comic Con. Os cosplays de personaxes de Overwatch, de numerosos personaxes de cómic...
  • Curtas 2016: Vilagarcía de Arousa ten algo especial

    Hoxe hai xusto unha semana da miña visita ao Curtas Film Fest, evento que descoñecía por completo, e que este ano estreaba un festival da banda deseñada, o que precisamente levoume a achegarme por alí, xa que os convidados do mundo da BD eran especialmente notables, o que finalmente...