-
A tenda Alita Comics, con establecementos na Ronda de Nelle e na Rúa Orzán, é todo un referente na Coruña, e agora, dentro do plan de dominación mundial de Sanmi, invade a cidade de Santiago de Compostela, onde atoparon un local de auténtico luxo na Rúa Nova de Abaixo,...
-
Cando un galego publica un cómic en Galicia resulta doado identificalo como banda deseñada galega pero, ¿como facemos coas obras dun autor galego cando se editan en España como tradución dunha obra publicada inicialmente nos EE.UU.? ¿Chamámoslle banda deseñada gali-ianqui? Algo haberá que inventar… especialmente agora, que no mes...
-
A nova tempada da serie do Doutor Who na BBC está a superar o reto de facer callar ao novo protagonista, o actor Peter Capaldi, con certos altos e baixos, pois a nova encarnación do Doutor é bastante diferente ás máis recentes, resultándolle moi difícil gañar o corazón da...
-
Despois de que anticiparan numerosos detalles nas Metrópoles Delirantes, era moita a expectación ao redor da publicación dixital O Botafumeiro, que collería o relevo de proxectos como a revista Retranca e emularía o formato de distribución de Orgullo y Satisfacción, atrevéndose a venderse a través da Internet. Esta nova...
-
Cando a pasada primavera Sony anunciou que faría unha serie de televisión baseada no cómic de Powers, unha das miñas coleccións favoritas, entusiasmeime, especialmente pola imaxe que circulaba pola rede de Jason Patric facendo de protagonista nun piloto que produciron en 2011, pois o papel de Christian Walker parecía...
-
A serie de YouTube 5 Facts, que curiosidades de películas, series de televisión, videoxogos, fenómenos de Internet e toda canta tolería se lle pasa pola cabeza aos seus responsables conseguiu hoxe superarse comentando 5 curiosidades sobre Batman, para o que contaron coa presenza do actor Adam West. Si, o...
-
Esta pasada fin de semana fíxome ilusión que no programa Vivir Aquí da TVG pasasen pola Praza de Abastos de Compostela, e falasen un anaco co meu curmán Manolo:...
-
Hai uns días encarguei ao británico James Sharp a través de Etsy que me fixese unha das súas figuras árbore, das que sempre insiste que non son realmente a versión bailonga de Groot por non ter ningunha relación coa Marvel, e finalmente metinme na aventura de buscarlle unha maceta...
-
Hai un par de semanas o diario El País daba conta dos segredos da lonxevidade nun extenso artigo que culminaba cunha listaxe con 5 dos lugares máis lonxevos do planeta, entre os que citaba a Melide: MELIDE (ESPAÑA): libres de colesterol Este tradicional pueblo gallego, ubicado en A Coruña,...
Debe estar conectado para enviar un comentario.