2 Outubro, 2014
Hai uns días encarguei ao británico James Sharp a través de Etsy que me fixese unha das súas figuras árbore, das que sempre insiste que non son realmente a versión bailonga de Groot por non ter ningunha relación coa Marvel, e finalmente metinme na aventura de buscarlle unha maceta (sacada dun humidificador cerámico) e un módulo de son deses que se meten nas tarxetas de felicitación e semellantes, cargándolle un fragmento do tema I Want You Back un resultado bastante satisfactorio.
Cómpre destacar que até novembro non haberá un Baby Groot oficial á venda, e en calquera caso, sempre haberá que prefira tirar do Do It Yourself e facer un Groot único en arxila, como amosan no seguinte vídeo:
Por posibilidades que non sexa!
Debe estar conectado para enviar un comentario.