Unha versión de Queen moi especial

A nova tempada da serie do Doutor Who na BBC está a superar o reto de facer callar ao novo protagonista, o actor Peter Capaldi, con certos altos e...

O Doutor Who no Orient Express

A nova tempada da serie do Doutor Who na BBC está a superar o reto de facer callar ao novo protagonista, o actor Peter Capaldi, con certos altos e baixos, pois a nova encarnación do Doutor é bastante diferente ás máis recentes, resultándolle moi difícil gañar o corazón da súa compañeira, Clara Oswald, e da propia audiencia, o que sen dúbida conseguirá co tempo, pois os cambios nesta serie sempre foron complicados.

Pola contra, en só 8 episodios a serie xa conseguiu contar algunhas das mellores historias dos últimos anos (haberá que agardar un tempo para estar certos, pero para moitos Listen, o cuarto episodio da tempada, xa é dos mellores que se fixeron nunca), e amosar personaxes moi carismáticos (como o enxeñeiro Perkins ou a capitana Lundvik) que agardamos volver ver no futuro; e para pór a guinda a esta prometedora torta, no episodio desta fin de semana tivemos unha presentación alucinante do tren espacial coñecido como o Orient Express, que estaba animado pola cantante Foxes versionando o Don’t Stop Me Now de Queen, o que debeu de causar furor en todo Reino Unido, porque a BBC decidiu compartir en YouTube un vídeo musical do Doutor Who con ese temazo:

A min lembroume moito aos Saturday Morning Slow Jams que levan un tempo vendo a luz en YouTube, e que transforman con aires de rhythm and blues sintonías de debuxos animados como a de Pokémon:

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS