"melindre"

  • O domingo será a Festa do Melindre

    Con tanta precampaña electoral xa esquecía que o vindeiro domingo celebrarase a Festa do Melindre en Melide, como vén de anunciar o Concello na súa web: Melide celebrará o 8 de maio a edición número 20 da Festa do Melindre O actor Manuel San Martín (Manuel Cabanas en “Libro...
  • A Festa do Melindre decepcionoume

    A Festa do Melindre e da repostería tradicional que tivo lugar hoxe en Melide decepcionoume bastante, non porque fose unha celebración da que realmente esperase algo especial, senón porque coido que quedou totalmente eclipsada pola degustación do queixo máis grande do mundo, que durante toda a tarde estivo a...
  • Festa do Melindre para o 10 de maio

    Xa hai cartel da vindeira Festa do Melindre, que terá lugar o domingo día 10 de maio, coincidindo coa degustación en Arzúa do queixo máis grande do mundo, o que podería parecer malo, pero tendo en conta que o acto de Arzúa o vai ter difícil para manter ao...
  • Grande éxito da Festa do Melindre

    A verdade é que non o esperaba, principalmente porque os prognósticos meteorolóxicos auspiciaban que non ía a estar moi bo día, pero finalmente non choveu o domingo, e mesmo fixo calor, polo que a Festa do Melindre xuntou a moitísima xente. Un detalle que me pareceu moi raro é...
  • Festa do Melindre e da Repostería da Terra de Melide

    Mañá celébrase en Melide a Festa do Melindre, que destaca por un interesante programa que vai máis aló da degustación dun dos doces máis ricos que existen: Non tiña pensado comentar nada no blog ata mañá, pero ao ver que na edición dixital de La Voz de Galicia non...
  • Melide celebra a súa nova feira agroalimentaria

    Tras unha reformulación chega Manxares, unha feira agroalimentaria organizada pola GDR Ulla Tambre Mandeo con carácter anual en colaboración co Concello tal e como adiantei o outro día, o que é unha proposta moi ousada, xa que as fins de semana de decembro parecen acaparadas polos centros comerciais das cidades, que incluso...
  • Melide celebra Manxares a vindeira fin de semana

    Esta semana escoitei na Radio Galega unha cuña na que citaban a Melide. Maaaandeeee?!?! Manxares?! Que é iso? Póñome a investigar… miro na web do Concello, e non din nada; paso ao Facebook… et voilà! Resulta que Manxares é a Feira Agroalimentaria de Galicia organizada pola GDR Ulla Tambre...
  • O Giro de Italia sae hoxe de Melide!

    Eu non estou moi posto en ciclismo, pero fíxome graza o detalle de que hoxe o Giro de Italia vaia saír de Melide, aínda que non do corazón de Galicia, senón en Lugano. 😉...
  • Un rico xigante!

    Lembrades o tamaño que teñen os ricos de Melide? Pois onte, durante o programa A Tarde da Radio Galega, Ricardo Alonso desvelou un agasallo que Alberto da Docería Estilo de Melide fixo ao equipo do espazo radiofónico: un rico xigante!...
Chíos e rechouchíos