-
Lembrades o tamaño que teñen os ricos de Melide? Pois onte, durante o programa A Tarde da Radio Galega, Ricardo Alonso desvelou un agasallo que Alberto da Docería Estilo de Melide fixo ao equipo do espazo radiofónico: un rico xigante!...
-
Para os que non puidéchedes achegarvos a ExpOtaku, ou queirades rememorar o que foi a pasada fin de semana, xa hai unha chea de fotografías en Facebook e de vídeos en YouTube, e destes últimos quixera salientar o de Javier Seoane (Javi SeGa):...
-
Un ano máis parece que ExpOtaku conseguiu ser mellor e máis grande, acadando unhas taxas de participación elevadísimas, especialmente na xornada do sábado (a xente comentoume que habería unhas nove mil persoas). Dado que os sábados non vou nunca a ExpOtaku limítome a comparar os domingos, e neste caso...
-
Crin que chegada a noite ía estar varias horas pegado á pantalla actualizando os resultados das municipais en Melide, como outros anos, pero a cousa parece estar moi decidida. A primeira hora o resultado estaba nun claro 10 (PP), 2 (BNG) e 1 (PSdeG), que ao progresar o escrutinio...
-
O ano pasado ExpOtaku fora unha cousa de tolos, cun volume de asistentes esaxeradísimo, polo que parecía difícil de superar, pero parece que dende a organización tomaron nota e nesta nova edición mudaron a disposición do espazo potenciando a presenza das tendas e dos videoxogos e reducindo o escenario....
-
Aínda que xa publiquei unha completa reportaxe fotográfica da Festa do Melindre en Facebook, viña ben facer un repaso audiovisual á celebración que incluso saíu no Informativo Fin de Semana de Telecinco e na Revista Fin de Semana da Galega:...
-
Os paus para facer auto-fotos co móbil son moi perigosos, e non o digo eu, dío o voso repartidos de Pizza Hut: 😀...
-
Para conmemorar a estrea de Star Wars, o 25 de maio celébrase o Día do Orgullo Friki, e a canle TNT, que emite a serie The Big Bang Theory, ou sexa, que é toda unha bandeira do frikerío, quere aproveitar a ocasión para liala ben gorda, de xeito que...
-
Hai poucas horas a cantante Taylor Swift estreou vídeo musical, e parece que desta volta quere orientar a súa carreira ao mundo do cine, pois parece estar a pedir a berros que a fichen Quentin TArantino e Robert Rodríguez para as súas vindeiras producións....
Debe estar conectado para enviar un comentario.