27 Maio, 2015
![Javi_SeGa gravando en ExpOtaku](https://i0.wp.com/marcus.gal/wp-content/uploads/2015/05/Javi_SeGa_11334125_490766377744083_1107391890918656977_o-512x338.jpg?resize=512%2C338)
Fotografía publicada por Javi Sega en Facebook
Para os que non puidéchedes achegarvos a ExpOtaku, ou queirades rememorar o que foi a pasada fin de semana, xa hai unha chea de fotografías en Facebook e de vídeos en YouTube, e destes últimos quixera salientar o de Javier Seoane (Javi SeGa):
Fíxome graza que Javi elixise como música para o seu vídeo o tema The Fox pois foi xusto o que escollín eu para un pequeno clip que publiquei o outro día. Sospeito que debeu de pasarlle como a min (ver a xente bailando a canción durante a feira). 😉
Debe estar conectado para enviar un comentario.