Grande peche de ExpOtaku

Un ano máis parece que ExpOtaku conseguiu ser mellor e máis grande, acadando unhas taxas de participación elevadísimas, especialmente na xornada do sábado (a xente comentoume que habería unhas...

Street Fighter IV musical en ExpOtaku

Un ano máis parece que ExpOtaku conseguiu ser mellor e máis grande, acadando unhas taxas de participación elevadísimas, especialmente na xornada do sábado (a xente comentoume que habería unhas nove mil persoas). Dado que os sábados non vou nunca a ExpOtaku limítome a comparar os domingos, e neste caso pareceume que había moita máis xente que o ano pasado, polo que entendo que o evento foi todo un éxito.

Publiquei unha chea de fotografías en Facebook da tarde do domingo, con numerosos cosplays bastante traballados.

Pero aínda que a xente cada vez se tome máis en serio o do cosplay, non faltaron situacións divertidas. Precisamente por iso quixen facer un pequeno vídeo:

E como peche de ExpOtaku, o torneo de Street Fighter IV tivo unha final amenizada por música en directo:

Toda unha pasada! Un broche de luxo para rematar tres xornadas alucinantes para os frikis de Coruña e dos moitos currunchos dende os que quixeron achegarse a EXPOCoruña.

Agora só queda agardar á HobbyCon para repetir a experiencia.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Capitana Marvel, a película máis prometedora de Marvel Studios

    O Capitán Marvel era un personaxe moi tópico, que curiosamente tivo unha época na que intercambiaba o seu corpo con Rick Jones (lembrando a Thor ou ao propio Capitán...
  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...
  • O Banjo Fantástico

    Chámase Ollie, ten un banjo, e tras facer unha chea de versións de música de videoxogos como Out Run, Street Fighter II ou Tetris, inicia unha nova serie de...
  • Muuu (son unha vaca)

    Amala Zandile Dlamini, ou Doja Cat, é unha cantante californiana de 22 anos que conseguiu certo éxito en 2014, como demostra que o seu vídeo So High superase os...