-
Esta mañá falei con Isidoro Valerio en Voces de Galicia sobre o éxito de descargas do Firefox 3, Songbird como alternativa a iTunes, a web de QuePlaya.es e o puñeteiro canon dixital: Tamén comentei o lanzamento inminente de EFiX, un dispositivo USB que fai crer ao Mac OS X...
-
A xente de Nicenova achéganos información meteorolóxica en Quetiempo.es, os prezos do carburante en Gasofa.es e agora fan doado atopar praias para as tardes do verán, valéndose de mapas de Google é dando información de utilidade (o grao de ocupación, fotografías, lugares de interese próximos…). Recoméndovos que vos pasades...
-
Moitos blogs están a falar esta semana dunhas declaracións de Gene Simmons (líder de KISS) contra as descargas de música a través da Internet, de xeito que equiparan a súa postura á de Metallica, e acusan a Simmons de non saber asumir o pouco éxito dos últimos discos de...
-
Dende esta semana se pode descargar de balde a versión de proba do editor de criaturas para o xogo Spore que sairá despois do verán, o que moita xente aproveitou para homenaxear a personxes televisivos como Pikachu, un Dalek, os personaxes de Futurama Dr. Zoidberg e Mordisquitos, e incluso...
-
Os coellos tolos de Rayman terán en breve un novo xogo, e para promocionalo, emulan o que fixeron co Tour de Francia, e rinden homenaxe á Eurocopa: ¡Para partir as cachas! Aínda que no caso do Rayman Raving Rabbids TV Party é bastante literal (xa que unha das probas...
-
Esta mañá preguntáronme dende a Radio Galega sobre o lanzamento da versión oficial de Firefox 3: Si, si, xa sei o que me ides dicir. Que o firefox é un oso panda vermello e non un raposo; tampouco está enroscado nunha bola senón no planeta Terra; pero deixando de...
-
Dende a Fundación Mozilla aseguraban que hoxe sería o día no que se lanzaría oficialmente o navegador Firefox 3, pero o que non deixaran claro é que sería dende as 10 da mañá de California (as 7 da tarde en España) o que fai que para boa parte dos...
-
¿Estás canso de estar sentado diante do ordenador? ¿Cando les na cama dúrmenseche os brazos e os comics escapan dos teus dedos? Pois no Xapón atoparon a solución ideal para poder seguir navegando pola Rede e lendo sen que a postura canse: un coxín de altura regulable que mide...
-
A pasada fin de semana vin nun informativo un vídeo duns mozos facendo flocos de millo valéndose de varios móbiles: O clip ten máis de 1 millón de visitas e é claramente falso. Tede en conta que os flocos para microondas levan aceite e tardan varios minutos (3-4) en...