A xente de Nicenova achéganos información meteorolóxica en Quetiempo.es, os prezos do carburante en Gasofa.es e agora fan doado atopar praias para as tardes do verán, valéndose de mapas de Google é dando información de utilidade (o grao de ocupación, fotografías, lugares de interese próximos…).
Recoméndovos que vos pasades por Queplaya.es se queredes descubrir novos areais. Iso si, levei unha sorpresa ao consultar a praia de Tanxil en Rianxo, pois parece que o sistema a confundíu coa rúa Tanxil, de xeito que situou a praia no medio da vila. A praia real aparece co nome de Pereira Torta. Nese caso o erro parece doado de entender.
O servizo web paréceme moi interesante para ver praias pequenas e pouco coñecidas, nalgunha desas xornadas nas que case hai que loitar noutras praias por facerse cun sitio onde deixar a toalla. Iso si, tamén penso que sería moito máis atractiva unha web alternativa na que as fotografías posicionadas xeograficamente non correspondensen a praias, senón a paias, Quepaya.es:
21 Xuño, 2008