O mellor coxín do mundo para preguiceiros

¿Estás canso de estar sentado diante do ordenador? ¿Cando les na cama dúrmenseche os brazos e os comics escapan dos teus dedos? Pois no Xapón atoparon a solución ideal...

¿Estás canso de estar sentado diante do ordenador? ¿Cando les na cama dúrmenseche os brazos e os comics escapan dos teus dedos? Pois no Xapón atoparon a solución ideal para poder seguir navegando pola Rede e lendo sen que a postura canse: un coxín de altura regulable que mide 80 x 49 centímetros e pesa 3 quilos, que Thanko está a vender no Xapón.
coxín de Thanko
O mesmo fabricante tamén vende pantuflas que se quecen por USB, un reloxo de pulso con reprodutor de MP3 ou escritorios de aluminio para usar o portátil no sofá ou na cama. ¿Qué sería de nós sen fabricantes tan frikis?
Iso si, o coxín tampouco é moi barato, xa que custa uns 7980 iens (uns 47,88 euros), pero é o prezo a pagar por usar o ordenador boca a baixo sen meter os fociños no teclado.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...