• Mapea o meu nome

    José Luis Orihuela e Enrique Dans lanzan un meme nos seus blogs que me parece interesante seguir, pois se trata de suxerir ós seus amigos o uso do servizo de localización Map My Name, que serve para situar ós internautas no mapa: Supostamente este experimento serviría para censar ós...
  • O Doutor Who inspira novos chismes

    Hai uns meses falei dos MoPods que vendían en Firebox.com, e agora lanzan unha versión dos simpáticos dispositivos que avisan cando te chega unha chamada ó móbil inspirándose na serie do Doutor Who, polo que agora teño unha grande incógnita: ¿pillarei a cabina telefónica ou o dalek? A decisión...
  • Hello, iPhone

    A idea de Apple de fusionar o iPod cun teléfono móbil non é moi orixinal, e a promocionan como algo realmente revolucionario, pero hai que recoñecer que saben venderse, cando menos no seu primeiro anuncio televisivo: Está moi currado pois aparecen personaxes de moitas películas dando unha imaxe do...
  • Veciños

    Nas pasadas datas varios blogs comentaron o servizo TouchGraph, que debuxa mediante unha aplicación Java un gráfico coas webs relativas á que se lle indique segundo o motor de Google, amosándo os seguintes veciños deste blogue: Como se pode comprobar, o gráfico pode servir de xeito doado para saber...
  • Joost… for men

    Acabo de comentar en Zapping algo sobre o que é o Joost (produto nado no Proxecto Venice) e como dixen non programa, se alguén quere unha invitación para non ter que agardar para probar a revolución televisiva na Rede, que me escriba un correo electrónico co seu nome e...
  • Iván en YouTube

    Hai bastantes meses que non vexo a Iván Puentes (a última vez coido que foi cando visitou Código TV) e agora entéromo a través do blogue de Blas que estreou un vídeo en YouTube co gallo da súa candidatura á alcaldía de Fene: Paréceme algo curioso iso de coñecer...
  • 11 anos de Vieiros

    Para os que a entrada de Galicia na Internet e Vieiros sexan sinónimos datas como a do pasado sábado, na que o Barrio Galego na Internet facía 11 anos, resultan momentos moi interesantes para a reflexión. Facemos así contas do moito que se ten andado na Internet… e do...
  • Reprodutor desastroso

    Un reprodutor de 40 gramos de peso cunha pantalla de 1,8 polgadas e cunha autonomía de 7 horas para música e 2,5 horas para vídeo non parece un mal produto, pero lanzar unha edición especial co gallo da vindeira película de Mr. Bean parece unha estratexia comercial desastrosa: ¿Quen...
  • Vídeos curiosos

    O blog de No puedo creer que lo hayan inventado, no que habitualmente aparecen chismes curiosos, sorprendeume nos pasados días cun par de vídeos moi simpáticos: -Por unha banda, lembráronme os tempos de Barrio Sésamo cun machuco da Guerra das Galaxias e a canción Manamaná: -E por outra banda,...