Veciños

Nas pasadas datas varios blogs comentaron o servizo TouchGraph, que debuxa mediante unha aplicación Java un gráfico coas webs relativas á que se lle indique segundo o motor de...

Nas pasadas datas varios blogs comentaron o servizo TouchGraph, que debuxa mediante unha aplicación Java un gráfico coas webs relativas á que se lle indique segundo o motor de Google, amosándo os seguintes veciños deste blogue:
TouchGraph de marcus.es
Como se pode comprobar, o gráfico pode servir de xeito doado para saber moito deste espazo, xa que o relaciona con Zapping, Código Cero, varios blogues galegos e melidendes… ou sexa, todo un perfil que en breves segundos define o que sería a miña veciñanza virtual.
Estiven a probar o sistema con outros enderezos de Internet e os resultados son bastante atinados, polo que vos convidaría a probalo para comprobar cales son as webs que teñen relación coas vosas webs habituais.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS